Texto para a ONU

O 18 de Setembro de2009 aConferencia Xeral da Axencia Internacional da Enerxía Atómica (doravante AIEA) adoptou a Resolución GC (53) / RES / 17 relativa ás capacidades nucleares de Israel na que, tras se expresar a preocupación pola ameaza que a proliferación de armas nucleares supón para o Oriente Próximo insta a Israel a asinar o Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares (doravante, TNP) e a submeter todos os seus dispositivos atómicos á salvagarda completa da AIEA.

Como consecuencia desta resolución, a Mesa de Gobernadores da AIEA debateu, na súa reunión de Xuño de 2010, o asunto das capacidades nucleares de Israel despois que o Secretario Xeral remitise unha carta aos Estados membros en Abril de 2010 demandando os seus pontos de vista e achegas ao respecto. Como en anteriores ocasións, tamén nesta o goberno israelí negouse a cooperar coa AIEA e reiterou a súa negativa a asinar o TNP.

Dado que o estabelecemento no Oriente Próximo dunha zona libre de armas nucleares e doutras armas de destrucción masiva suporía un contributo decisivo para a paz na rexión, e dado que a negativa de Israel a asinar o TNP e submeter todas as súas capacidades e dispositivos nucleares ao pleno escrutinio da AIEA constitúe unha clara ameaza á paz no sentido do capítulo VII da Carta das Nacións Unidas, os abaixo asinantes demandamos:

  1.  Que o Consello de Seguranza da ONU reclame do Estado de      Israel a sinatura do TNP e o submetemento pleno ao escrutinio da AIEA de      todas as súas instalacións e dispositivos atómicos, cara o estabelecemento      no Oriente Próximo dunha zona libre de armas nucleares e doutras armas de      destrución masiva.
  2. Que para o caso de non o facer voluntariamente, o Consello      de Seguranza adopte cantas medidas foren precisas, ao abeiro dos art. 41 e      42 da Carta das NN.UU., para lograr os obxectivos indicados.